Solarpunk
Traducido por Alessandro Ardovini e Eduard Velasco
Moita xente escribiu sobre solarpunk nas últimas décadas. Principalmente despois de 2014.
O xénero aínda non está claramente definido.
Este Manifesto Solarpunk é unha re-adaptación creativa de ideas sobre solarpunk escritas por moita xente. Estas ideas pódense atopar principalmente en Solarpunk: unha guía de referencia que se pode atopar aquí e en Solarpunk: Notas cara a un Manifesto de Adam Flynn, que se pode atopar aquí.
Un Manifesto Solarpunk
O solarpunk é un movemento de ficción especulativa, arte, moda e activismo que busca responder e encarnar a pregunta «como é unha civilización sostible e como podemos chegar a ela?»
A estética de solarpunk fusiona o práctico co fermoso, o ben deseñado co verde e exuberante, o luminoso e vistoso co sinxelo e sólido.
O solarpunk pode ser utópico, simplemente optimista, dirixido a crear un mundo mellor, pero nunca distópico. A medida que o noso mundo medra cada vez máis turbulento, o que necesitamos son solucións, non só avisos.
Solucións para prosperar sen combustibles fósiles, para xestionar equitativamente a escaseza real e compartir a abundancia en vez de soportar a falsa escaseza e a falsa abundancia. Ser máis amorosos uns cos outros e co planeta que compartimos.
O solarpunk é, á vez, unha visión do futuro, unha provocación reflexiva, un xeito de vivir e un conxunto de propostas realistas para alcanzar ese futuro.
- Somos solarpunks porque nos quitaron o optimismo e estamos intentando retomalo.
- Somos solarpunks porque as únicas opcións son a negación ou a desesperación.
- No seu núcleo, Solarpunk é unha visión dun futuro que encarna o mellor do que a humanidade pode acadar: un mundo postescasexa, postxerarquía, poscapitalista onde a humanidade se ve como parte da natureza e a enerxía limpa substitúe os combustibeis fósiles.
- O “punk” no solarpunk ten que ver coa rebelión, a contracultura, o poscapitalismo, o descolonialismo e o entusiasmo. Ten que ver con ir nunha dirección diferente á convencional, cada vez máis alarmante.
- O solarpunk é tanto un movemento coma un xénero: non se trata só das historias, senón tamén de como materializalas.
- O solarpunk abrangue unha diversidade de tácticas: non hai unha única forma correcta de facer solarpunk. En troques diso, diversas comunidades de todo o mundo adoptan o nome e as ideas e constrúen pequenos nichos de revolución autosuficiente.
- O solarpunk ofrécenos unha valiosa nova perspectiva, un paradigma e un vocabulario a través do cal describir un posíbel futuro. En vez de abrazar o retrofuturismo, o solarpunk mira completamente ao futuro. Non é un futuro alternativo, senón un futuro posíbel.
- O noso futurismo non é nihilista coma o ciberpunk e evita as tendencias potencialmente case reaccionarias do steampunk: trátase de enxeño, xeración, independencia e comunidade.
- O solarpunk destaca a sustentabilidade ambiental e a xustiza social.
- O solarpunk trata de atopar formas de facer a vida máis marabillosa para nós agora mesmo, e tamén para as xeracións que nos seguen.
- O noso futuro debe implicar readaptación e creación de cousas novas do que xa temos. Imaxina descartar as «cidades intelixentes» a favor dunha cidadanía intelixente.
- O solarpunk recoñece a influencia histórica que a política e a ciencia ficción tiveron entre si.
- O solarpunk recoñece a ciencia ficción non só como entretemento, senón como unha forma de activismo.
- O solarpunk recoñece a ciencia ficción non só como entretemento, senón como unha forma de activismo.
- O solarpunk quere contrarrestar os escenarios dunha terra moribunda, unha fenda insuperábel entre ricos e pobres e unha sociedade controlada por corporacións. Non en centos de anossenón moi próxima.
- O solarpunk trata da cultura “maker” da xente nova, solucións locais, redes de enerxía locais, formas de crear sistemas de funcionamento autónomo. Trátase de amar o mundo.
- A cultura solarpunk inclúe todas as culturas, relixións, capacidades, sexos, xéneros e identidades sexuais.
- A estética visual de Solarpunk está aberta e evolucionando. Tal e como está, é unha mestura do seguinte:
- Era da navegación e o mito da fronteira do mil oitocentos (pero con máis bicicletas)
- Reutilización creativa da infraestrutura existente (ás veces postapocalíptica, ás veces contemporánea-bizarra)
- Tecnoloxía axeitada
- Modernismo
- Hayao Miyazaki
- Innovacións ao estilo “jugaard” dende países non occidentais
- “Back ends” de alta tecnoloxía con resultados sinxelos e elegantes
- O solarpunk ambiéntase nun futuro construído segundo principios do Novo Urbanismo ou do Novo Peonalismo e da sustentabilidade ambiental.
- O solarpunk contempla un ambiente construído adaptado creativamente para a ganancia solar, entre outras cousas, empregando diferentes tecnoloxías. O obxectivo é fomentar a autosuficiencia e a vida dentro dos límites naturais.
- No solarpunk paramos xusto a tempo para deter a lenta destrución do noso planeta. Aprendemos a usar a ciencia con sabedoría para mellorar as nosas condicións de vida como parte do noso planeta. Xa non somos xefes supremos. Somos coidadores. Somos xardineiros.
- O solarpunk:
- é diverso
- ten espazo para que a espiritualidade e a ciencia convivan
- é fermoso
- pode ocorrer. Agora
A Comunitade Solarpunk

Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.